martes, 9 de marzo de 2010

Día Internacional da MULLER

O CORO AIMIL, pertencente á Asociación Cultural AIMIL FOLC de Xinzo de Limia, participou exitosamente nos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Traballadora que, organizados polo Concello de Xinzo de Limia, tiveron lugar no salón de actos da Casa da Cultura desta localidade este domingo, día 7. O público presente agasallou con cálidas e emotivas ovacións as interpretacións do CORO AIMIL.





O Coro AIMIL e a Coral "Santa Mariña" interpretaron conxuntamente o Himno Galego.





No hay comentarios: