sábado, 26 de junio de 2010

Xunio 2010. Cena Fin de curso

MI MADRIÑA!!!!!

Empezamos con polbo á "Foliada de Nostián" polbo á "Rianxeira"e polbo ó "Miudiño"...
De segundo carne guisada con muiñeira e unhas boas pandereteiras todo bañado con patacas e guisantes ó acordeón (que non estaba moi sabroso, pero en fin...). De acompañamento ensalada de gaita con bombo e tambor.
De postre unha magnífica tarta xelada con cachiños de pasodobre.
Non faltou café, copa e PORRO.

Os comensales... eiquí vos deixo unhas fotos:









miércoles, 19 de mayo de 2010

Romería raigame

O pé da Torre de Vilanova dos Infantes disfrutamos da Romería... Gaiteiros, pandereteiras, cantareiras, danzantes,... unha chea de xente que se xunta para pasalo ben facendo e disfrutando do que máis lle gusta.

Membros do coro de Aimil tamén acudimos a este encontro e quedamos ofrecidos a repetir para o ano que ven.

























martes, 9 de marzo de 2010

Día Internacional da MULLER

O CORO AIMIL, pertencente á Asociación Cultural AIMIL FOLC de Xinzo de Limia, participou exitosamente nos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Traballadora que, organizados polo Concello de Xinzo de Limia, tiveron lugar no salón de actos da Casa da Cultura desta localidade este domingo, día 7. O público presente agasallou con cálidas e emotivas ovacións as interpretacións do CORO AIMIL.





O Coro AIMIL e a Coral "Santa Mariña" interpretaron conxuntamente o Himno Galego.





Cursiño e concerto didáctico de Antón Varela




- O sábado, día 6, e domingo, 7 de marzo, o prestixioso artesán e mestre gaiteiro ferrolán ANTÓN VARELA estará con nos na ESCOLA MUNICIPAL DE GAITAS & PERCUSIÓN DE XINZO, impartíndonos un pequeno cursiño sobre o noso instrumento nacional.


- Asemade, o sábado, día 6, ANTÓN VARELA ofrecerá unha amena charla redondeada cun pequeno concerto didáctico, en acto aberto para todos os públicos, no salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo, ás 20:00 h.