.jpg)
Animamos a todos os amigos que veñades este venres 11, ás 20:30, na casa da cultura do concello de Xinzo. Alí estaremos amenizando a presentación deste novo libro creado por Miro para todos nos...

O prestixioso artesán (luthier) e mestre gaiteiro ferrolán ANTÓN VARELA, estará en Xinzo en próximas datas -os días 24 e 25 de xaneiro-, onde impartirá un cursiño didáctico sobre afinación e coidados do instrumento, dirixido os/as gaiteiros/as da nosa Banda de Gaitas titular. Asemade, intervirá nun acto aberto ó público que se celebrará o sábado, día 24, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo, onde disertará sobre a tipoloxía de gaitas europeas, timbres, sons distintivos, etc., con imaxes comentadas e un mini-concerto didáctico en directo..jpg)