jueves, 20 de noviembre de 2008

"Historia e memoria. A Limia 1931-1953"


Aínda que o autor, Miro, admitiu que estaba un pouco nervioso, a exposición de ese "ovo" que hoxe eclosiona foi todo un éxito.

Non faltou a venta do exemplar,que a xulgar pola cola que tivemos que esperar algúns, denota unha boa acollida.

Despois da actuación de Natalia Gómez tocoulle o turno ó coro de Aimil Folc dirixido por Fernando Dopico.




Os nosos tenores fixérono moi ben...

Finalizou a cómoda velada cuns pinchos na Casa da Cultura.

jueves, 6 de noviembre de 2008

Presentación de: Historia e memoria. A Limia 1931-1953

O xoves, 20 de Novembro, ás 20:30h, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia terá lugar a presentación deste libro.


Contará coa intervención do autor do Limiar: Manolo Seoane Feijoo e o autor do libro, Edelmiro Martínez Cerredelo.


Presentará o acto: Antonio Rodríguez Corbal, portavoz do CDR "O Viso".


A colaboración musical estará a cargo de: Natalia Gómez e o Coro galego da Asociación Aimil Folc.