jueves, 27 de diciembre de 2007

Hoxe hai ensaio



Como todos os xoves as 8:30, pódese dicir que aínda que chova ou neve, hai ensaio. Xuntámonos na antiga cárcere de Xinzo, temos hora de entrada pero non de saída.

sábado, 15 de diciembre de 2007

Algunha das cousiñas que vivimos ata agora



O Coro Aimil está formado por un grupo de voces femininas e masculinas desprovistas de artificialidade no canto, xa que busca a naturalidade como vehículo de transmisión músico-vocal. Polo mesmo, condiciona as adaptacións do seu repertorio, buscando a sinxeleza harmónica sobre o barroquismo polifónico.



Melodías populares e de autor baseadas na música popular galega, xunto con algúns temas de orixe portuguesa, constitúen o elenco principal do repertorio do Coro Aimil, onde cómpre salientar tamén o acompañamento da gaita e percusión tradicional nalgunhas das súas cantigas.



Dentro da corta vida deste coro, débese salientar que o seu éxito está comenzando a chegar da mán do recoñecemento doutras agrupacións; como é a súa recente e exitosa participación no “Concerto de Outono 2006”, a invitación expresa da magnífica Coral de Barrô, en Águeda – Portugal.






Por último, significar que a meirande parte dos arranxos musicais e harmonizacións dos temas do Coro Aimil son ideados expresamente para esta formación, da autoría do seu director e fundador, o Mestre Gaiteiro Fernando Dopico, tamén director e Gaiteiro Maior da Escola Municipal de Gaitas & Percusión do Concello de Xinzo de Limia.