miércoles, 24 de diciembre de 2008

Unha das voces máis representativas da música do noso país nos últimos anos, a prestixiosa artista GUADI GALEGO (ex-compoñente do grupo Berrogüetto, compoñente actual de Nordestin@s e doutras formacións) estará connosco en Xinzo os vindeiros días 29 e 30 de decembro, impartindo un cursiño ás nosas pandereteiras, organizado pola nosa Asociación Cultural "Aimil Folc". Podedes acadar máis información sobre esta magnífica intérprete na seguinte ligazón:
http://www.abada.es/ga/web/grupos.php?id=6&ts=1

domingo, 21 de diciembre de 2008

Que a sorte nos acompañe...

E a todos os amigos e amigas de Aimil que colaboraron coa compra da lotería de Nadal.

O número é: 62 740

Costureiriña

Onte fomos a Vilariño onde a costureira.
Mediunos de un en un para a confección do novo traxe a medida.
Estamos moi ilusionados-as e con gañas de ver o producto final da artesana.
¡Somos uns presumidiños!

jueves, 18 de diciembre de 2008

Pandeiretas.


Xa dende o ano pasado estamos a aprender o arte de tocar a pandeireta. Xuntámonos os xoves ás 8:30, xusto antes do ensaio do Coro, para ir entrando en tono... Fernando Dopico, o director do coro, é tamén o noso mestre de pandeireta.