miércoles, 24 de diciembre de 2008

Unha das voces máis representativas da música do noso país nos últimos anos, a prestixiosa artista GUADI GALEGO (ex-compoñente do grupo Berrogüetto, compoñente actual de Nordestin@s e doutras formacións) estará connosco en Xinzo os vindeiros días 29 e 30 de decembro, impartindo un cursiño ás nosas pandereteiras, organizado pola nosa Asociación Cultural "Aimil Folc". Podedes acadar máis información sobre esta magnífica intérprete na seguinte ligazón:
http://www.abada.es/ga/web/grupos.php?id=6&ts=1

domingo, 21 de diciembre de 2008

Que a sorte nos acompañe...

E a todos os amigos e amigas de Aimil que colaboraron coa compra da lotería de Nadal.

O número é: 62 740

Costureiriña

Onte fomos a Vilariño onde a costureira.
Mediunos de un en un para a confección do novo traxe a medida.
Estamos moi ilusionados-as e con gañas de ver o producto final da artesana.
¡Somos uns presumidiños!

jueves, 18 de diciembre de 2008

Pandeiretas.


Xa dende o ano pasado estamos a aprender o arte de tocar a pandeireta. Xuntámonos os xoves ás 8:30, xusto antes do ensaio do Coro, para ir entrando en tono... Fernando Dopico, o director do coro, é tamén o noso mestre de pandeireta.

jueves, 20 de noviembre de 2008

"Historia e memoria. A Limia 1931-1953"


Aínda que o autor, Miro, admitiu que estaba un pouco nervioso, a exposición de ese "ovo" que hoxe eclosiona foi todo un éxito.

Non faltou a venta do exemplar,que a xulgar pola cola que tivemos que esperar algúns, denota unha boa acollida.

Despois da actuación de Natalia Gómez tocoulle o turno ó coro de Aimil Folc dirixido por Fernando Dopico.




Os nosos tenores fixérono moi ben...

Finalizou a cómoda velada cuns pinchos na Casa da Cultura.

jueves, 6 de noviembre de 2008

Presentación de: Historia e memoria. A Limia 1931-1953

O xoves, 20 de Novembro, ás 20:30h, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia terá lugar a presentación deste libro.


Contará coa intervención do autor do Limiar: Manolo Seoane Feijoo e o autor do libro, Edelmiro Martínez Cerredelo.


Presentará o acto: Antonio Rodríguez Corbal, portavoz do CDR "O Viso".


A colaboración musical estará a cargo de: Natalia Gómez e o Coro galego da Asociación Aimil Folc.

domingo, 12 de octubre de 2008

Membros de Aimil na ruta das areneiras da Lagoa

Pasamos unha boa tarde...
e non fixo falta viaxar a outra parte do mundo...
eiquí mesmo á veiriña das nosas casas puidemos disfrutar dunha paisaxe moi diferente.
Disfrutade das imaxes.











martes, 30 de septiembre de 2008

sábado, 19 de enero de 2008

Xornada "O Entroido"


Onte celebrouse, na casa da cultura de Xinzo ás 20:00, unha xornada para reflexionar sobre a festa máis grande que temos: "O ENTROIDO". Foi unha reunión case familiar na que Miro Martínez e Federico Cocho transmitiron as súas opinións, vivenzas,...

O coro AIMILFOLC abriu a xornada co "MIUDIÑO" e rematouna co, xa conocido por moita xente: "HAI MANUEL". Por petición do público a actuación continuou con unha versión de "MILHO VERDE" (popular portuguesa)