sábado, 4 de abril de 2009

Ruta a Faramontaos




Este sábado varios membros de Aimil xunto con un bo grupo de compañeiros e compañeiras fómonos a Faramontaos. Fixemos unha ruta que gratamente nos sorprendeu por unha paisaxe de carballos a beira do río... pasamos polo embalse de Faramontaos e chegamos ata a entrada de Gudín.
Animamos a toda a xente a que se apunte a estas pequenas andainas e disfrute co corazón e con todos os sentidos dos espazos que nos rodean e que apenas coñecemos...
A próxima andaina está prevista para o sábado 18 de Abril, a Couso.