martes, 9 de marzo de 2010

Cursiño e concerto didáctico de Antón Varela




- O sábado, día 6, e domingo, 7 de marzo, o prestixioso artesán e mestre gaiteiro ferrolán ANTÓN VARELA estará con nos na ESCOLA MUNICIPAL DE GAITAS & PERCUSIÓN DE XINZO, impartíndonos un pequeno cursiño sobre o noso instrumento nacional.


- Asemade, o sábado, día 6, ANTÓN VARELA ofrecerá unha amena charla redondeada cun pequeno concerto didáctico, en acto aberto para todos os públicos, no salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo, ás 20:00 h.