O prestixioso artesán (luthier) e mestre gaiteiro ferrolán ANTÓN VARELA, estará en Xinzo en próximas datas -os días 24 e 25 de xaneiro-, onde impartirá un cursiño didáctico sobre afinación e coidados do instrumento, dirixido os/as gaiteiros/as da nosa Banda de Gaitas titular. Asemade, intervirá nun acto aberto ó público que se celebrará o sábado, día 24, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo, onde disertará sobre a tipoloxía de gaitas europeas, timbres, sons distintivos, etc., con imaxes comentadas e un mini-concerto didáctico en directo.
Esta actividade está organizada pola nosa Asociación Cultural "Aimil Folc" e terá lugar nos locais da Escola Municipal de Gaitas & Percusión.
Velaquí un vídeo onde podedes ver e escoitar ó mestre Antón Varela interpretando unha muiñeira tradicional cunha gaita de son moi distintivo, construída no seu obradoiro e copia dunha do século XIX.
">
No hay comentarios:
Publicar un comentario