
Unha das voces máis representativas da música do noso país nos últimos anos, a prestixiosa artista
GUADI GALEGO (ex-compoñente do grupo Berrogüetto, compoñente actual de
Nordestin@s e doutras formacións) estará connosco en Xinzo os vindeiros días 29 e 30 de decembro, impartindo un cursiño ás nosas pandereteiras, organizado pola nosa Asociación Cultural
"Aimil Folc". Podedes acadar máis información sobre esta magnífica intérprete na seguinte ligazón:
http://www.abada.es/ga/web/grupos.php?id=6&ts=1
No hay comentarios:
Publicar un comentario