sábado, 15 de diciembre de 2007

Algunha das cousiñas que vivimos ata agora



O Coro Aimil está formado por un grupo de voces femininas e masculinas desprovistas de artificialidade no canto, xa que busca a naturalidade como vehículo de transmisión músico-vocal. Polo mesmo, condiciona as adaptacións do seu repertorio, buscando a sinxeleza harmónica sobre o barroquismo polifónico.



Melodías populares e de autor baseadas na música popular galega, xunto con algúns temas de orixe portuguesa, constitúen o elenco principal do repertorio do Coro Aimil, onde cómpre salientar tamén o acompañamento da gaita e percusión tradicional nalgunhas das súas cantigas.



Dentro da corta vida deste coro, débese salientar que o seu éxito está comenzando a chegar da mán do recoñecemento doutras agrupacións; como é a súa recente e exitosa participación no “Concerto de Outono 2006”, a invitación expresa da magnífica Coral de Barrô, en Águeda – Portugal.






Por último, significar que a meirande parte dos arranxos musicais e harmonizacións dos temas do Coro Aimil son ideados expresamente para esta formación, da autoría do seu director e fundador, o Mestre Gaiteiro Fernando Dopico, tamén director e Gaiteiro Maior da Escola Municipal de Gaitas & Percusión do Concello de Xinzo de Limia.

No hay comentarios: